17/01/17

Unha tenda feita documental

A tenda de roupa de segunda man de 'Kary' é todo un punto de referencia para os amantes da moda vintage. Non só polos seus espectaculares prezos senon tamén polo carisma da súa propietaria que fai do lugar un rincón que inspira a artistas ou diseñadores e no que os veciños compran a diario.

María Caridad Hernando Alcalde. Foto: T. Marín

Dende ben pequena María Caridad Hernando Alcalde, 'Kary', soñou con emprender o seu propio negocio. "Unha tenda de roupa de segunda man", iso é o que quería e, nin ela misma sabía que moitos anos despois ocorrería.

Caridad abriu as portas ao seu 'baúl' no ano 2005 nun local moi preto de onde se atopa agora o seu establecemento, na rúa Calzada (nas inmediacións da Praza de Abastos). De maneira austera e coa mellor intención do mundo recollía, clasificaba e vendía roupa vintage a un 1 euro. Foi a súa personalidade, o seu carisma e a súa capacidade de venda a que conseguiu que tan só uns meses despois precisase trasladar o seu pequeno negocio a un lugar máis grande.

A crise fixo que moitos veciños deixaran dun lado os prexuizos e optaran por mercar prendas usadas no tocante de comprar nos grandes establecementos. Pero ela era consciente de que había moita xente que non tiña para comer e, por iso, tamén regalaba moita da mercadoría que tiña na tenda. E aínda o fai.

Calquera que acudiu algunha vez a 'El Baúl de Kary' sabe que pode atoparse con calquera cousa. Abrigos, traxes, vestidos, camisas, pantalóns... e un amplo etcétera. Todo a 1 euro. O comercio converteuse nun auténtico centro social que visitan tanto veciños como persoas que chegan dende outros lugares de Galicia atraídos polos prezos e polo carácter amable da súa propietaria. O furor é tal que ata captadores de tendencias de importantes firmas do mundo textil fixeron a súa pequena parada no comercio marinense.

O fenónemo vintage e a fama de 'Kary' levaron a que varias mozas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra lle fixensen un documental. Aquí tendes o resultado:

0 comentarios:

Publicar un comentario