![]() |
| Bibiana Rosales, presidenta de Izel Skate & BMX. Foto: N. Cortés / DP |
Cando empezou a sentir que o mundo do skate era a súa paixón?
Cando comecei a traballar no taller de reparación e compra de bicicletas Ciclos Rosales que fundara o meu avó e que durou máis de 80 anos, pasando polas mans do meu pai, os meus irmáns e, finalmente, polas miñas.
Aí descubrín ao que quería dedicarme realmente: necesitaba achegarlle algo aos mozos de Marín. Non só dedicábame a vender e reparar bicis, alí viñan mozas que xa me comentaban a carencia dun skatepark na localidade.
Converteuse nun centro social para a mocidade marinense?
De súpeto foi xurdindo de maneira natural e espontánea un club social ao que acudían os amantes dos deportes urbanos diariamente.
Fixeron algunha reivindicación?
Mobiliceime con todos eles para que tivesen un half e uns módulos en condicións. Ata hai uns anos a pista que se utilizaba para a práctica destes deportes estaba descoidada e mesmo os coches aparcaban encima. Posteriormente, rexistramos un club de descenso a petición de moitas das persoas que se achegaban ata Ciclos Rosales e que tiñan ganas de competir coa bicicleta en pistas forestais. Ademais, impliqueime con todos os mozos que reivindicaban a construción do skatepark do Parque Azul de Cantodarea, dando a cara e negociando cos políticos no Concello. Sempre fun unha muller con moitas inquietudes e ganas de axudar aos demais.
Como viviu o peche de Ciclos Rosales? Que sucedeu?
Foi o bajón da miña vida. Estiven 15 anos traballando, ao principio mentres estudaba e logo xa con dedicación exclusiva á tenda. Aí, aos poucos fun formándome e descubrindo que me gustaba ese mundo de verdade. En 2009 pechouse o taller, xa que o baixo non era noso e o construtor que comprou o edificio estivo a obrar de mala maneira para que nos fué- ramos canto antes. Sabendo que o teito era de madeira e que atentaba contra a miña seguridade e as dos clientes, deixou unha mangueira vertiendo auga no primeiro piso. Así, conseguiu declarar ao edificio en cuxo baixo se atopaba Ciclos Rosales en ruínas. Se non, tivésemos dereito a unha indemnización ou a seguir coa tenda nese mesmo lugar. Tivemos batalla xudicial ata ao final. Baixa o enreixado da tenda e crea a asociación.
Quixo seguir co proxecto, non?
Si, para continuar, agora se cabe con máis forzas. Son 20 anos da miña vida dedicados a esta causa, loitando e tentando que os amantes dos deportes rueiros e a cultura urbana teñan o seu espazo e póidanse expresar libremente. Agora seguimos ampliando fronteiras, porque a entidade non só está restrinxida ao ámbito marinense, senón tamén ao galego.
Ten tamén o seu ámbito social?
A asociación quere axudar a que ningún neno quede sen xoguetes. De feito, o pasado Nadal realizamos unha primeira recollida de skates, bicis e patinetes, así como pezas para a súa montaxe. Ademais, no taller audiovisual e a festa que levamos a cabo tanto Dani Antelo como a entidade en Campeche Gravando xa estivemos a promocionar esa idea, na que estou metida de cheo para poder conseguir recadar tamén para os nenos de Etiopía. Por iso, a organización cobra coas súas actividades un toque internacional.
En que próximos proxectos está embarcada?
Comecei organizando eventos como Marín Patina, Albarro, Marín Ghetto Fresco ou Campeche. A eles acudiron grandes profesionais como Javier Saavedra. Agora estou cun proxecto que se chama Sen Fronteiras, no que o baloncestista afgán paraolímpico Bilal Mir Bat Zaiy, apaixonado do skate, ou a skater catalá Silvia Serret ensinarán aos mozos os valores e principios de superación e motivación persoal que moven día a día a estes expertos.
Campeche Gravando foi unha das últimas actividades levadas a cabo por Izel United Skate&BMX. Aquí deixámosvos cun vídeo feito por Dani Antelo no que se mostra todo o realizado durante o pasado mes de agosto no Parque Azul de Cantodarea.






0 comentarios:
Publicar un comentario