12/11/16

Marín na música: Trío Ruada - 'Marín del alma'

A difusión cultural da vila é un dos factores que nos move. Por iso, trataremos de facer visibles tanto a aqueles artistas noveis do municipio marinense para poñer en valor o seu talento, como nomes máis recoñecidos no mundo da música, a arte e outras esferas culturais.

Foto: Sempre en Galiza
De maneira puntual, e a modo de sección, en 'Marín na música' faremos un percorrido polas cancións marinenses e os seus intérpretes. Neste primeiro capítulo, é a quenda dun dos grupos máis emblemáticos da localidade. Trátase do Trío Ruada, que aínda seguen poñendo a nota musical a festas pola xeografía galega.

Sen ningunha dúbida, unha das tradicionais citas con esta agrupación é o Festival del Kilo. Cada verán, alá polo mes de agosto, a Alameda acolle esta gala benéfica na que se recollen alimentos para o comedor social. O broche de ouro a esta cita adóitao poñer o trío musical con 'Marín del Alma', todo un clásico entre o cancioneiro popular galego.

Seguramente a algúns asturianos sóelles esta versión de 'Gijón del alma'. Ruada conseguiu captar a esencia do seu pobo, contándolle ao mundo o que significa para eles Marín.

0 comentarios:

Publicar un comentario