17/12/16

A Banda da Escola Naval Militar ofreceu un multitudinario concerto de Nadal no Multiusos


A Banda de Música da Escola Naval Militar puxo onte a nota musical á programación que o Concello de Marín, en colaboración con numerosas entidades sociais e culturais da vila, está a ofrecer este nadal. Así, a agrupación dió un concorrido concerto do Nadal no Multiusos da Praza de Abastos dirixido polo comandante músico, Francisco García Furtado.

Instantánea do concerto da banda da ENM no Multiusos - Foto: C.M.
Entre as pezas interpretadas atopáronse panxoliñas tradicionais e cancións populares galegas. Ademais, para poñer un ritmo máis desenfado dentro do estilo clásico do grupo, tocaron habaneras e outros temas máis bailables que fixeron as delicias do numeroso público presente.

O programa do Nadal continúa ata o próximo 8 de xaneiro con diversas actividades para todas as idades.

0 comentarios:

Publicar un comentario