Fillo, irmán e cuñado de mariñeiros, Toño Cabanelas, enxeñeiro audiovisual, dj e marinense apaixonado polo universo dixital, sente moi privilexiado por poder estar a chamar ás portas de multinacionais en Madrid grazas ao traballo dos seus antepasados. O camiño deste mozo veciño da parroquia de Seixo ata o éxito profesional é unha constante historia de superación e reinvención. Toño é un exemplo da cultura do esforzo para conseguir labrarse un futuro próspero, demostrando que traballar facendo o que a un gústalle deixa de ser un soño cando se loita constantemente por que sexa unha realidade.
Empezou formándose desde ben pequeno no Colexio San Narciso en Marín e no ano 2004 colleu as maletas para irse a Madrid onde comezou a estudar Enxeñería Audiovisual no SAE Institute, ao mesmo tempo que traballaba nun dos seus primeiros banzos de fronte ao éxito profesional, na multinacional FNAC. O seu nomeamento como director do Forum de eventos culturais de Callao, permitiulle coñecer a personaxes tan soados como o director e produtor de cinema Tim Burton, entre outros moitos.
![]() |
| Texto e Foto: N. Cortés / Diario de Pontevedra |
A multinacional Apple fichouno como creative, sendo un dos primeiros traballadores da empresa americana en España
EXPERIENCIA EN APPLE. Con todo, catro anos despois, en 2008, decidiu deixar o seu posto de traballo, foise por primeira vez ao paro, e niso viu unha oportunidade para reconverterse e formarse na creación de software e hardware. Un ano máis tarde, probou sorte mandando un currículo a Apple ante a inminente apertura das súas primeiras tendas oficiais en España, conseguiu superar o proceso de selección e fichar pola multinacional americana como creative, sendo un dos primeiros traballadores de Apple en España. Alí, impartiu clases de software a altos niveis, durante case cinco anos, ata xuño de 2014, levándose da empresa unha bagaxe formativa importante e unha experiencia moi positiva: ''Tratan genial a los empleados y valoran mucho las críticas sobre la empresa", afirma Cabanelas.
Agora regresa ao seu Seixo natal de vacacións, a ese lugar onde trouxo de visita a importantes celebridades como altos cargos directivos de Apple, deseñadores de Cibeles e outros moitos profesionais que ''quedaron marabillados coa zona'' asegura este mozo.
.
E por que se foi? Á vez que traballaba en Apple empezou a dar clases no Instituto Europeo dei Design en Madrid, onde atopou a súa vocación tardía, a de ser profesor. Hoxe en día imparte clases alí, realiza os seus propios cursos, incluso masters, e dá leccións mesmo das súas propias investigacións.Agora regresa ao seu Seixo natal de vacacións, a ese lugar onde trouxo de visita a importantes celebridades como altos cargos directivos de Apple, deseñadores de Cibeles e outros moitos profesionais que ''quedaron marabillados coa zona'' asegura este mozo.
''Me gustaría montar un laboratorio de innovación tecnológica para las temporadas estivales aquí en Marín'', explica
Este marinense polifacético ten tamén plans en mente para a súa localidade, ''Me gustaría montar un laboratorio de innovación tecnológica para las temporadas estivales aquí en Marín'', recoñece o nome de Escola de exploradores. Alí utilizaron novas tecnoloxías como o vídeo en 360º estereoscópico ou tres das 1.000 lentes de realidade virtual existentes no mundo.
Pero isto non queda aquí, en 2015 Madrid acolleu Seixodelica unha homenaxe ao Cinema Seixo, outro dos proxectos que traerá pronto a a Marín.
O proxecto que ten en mente sería similar ao realizado xa no Festival Sen Sal celebrado na Illa de San Simón en xullo de 2015.
Pero isto non queda aquí, en 2015 Madrid acolleu Seixodelica unha homenaxe ao Cinema Seixo, outro dos proxectos que traerá pronto a a Marín.
O proxecto que ten en mente sería similar ao realizado xa no Festival Sen Sal celebrado na Illa de San Simón en xullo de 2015.






0 comentarios:
Publicar un comentario