23/01/17

O benestar cidadán, o primeiro para Protección Civil de Marín

A agrupación marinense de Protección Civil encárgase a diario de garantizar a seguridade veciñal, pero actualmente carece dos medios para intervir nas emerxencias.

O grupo de voluntarios de Protección Civil de Marín traballa desde
a súa central situada no Parque dos Sentidos - Granxa de Briz.
Foto: N. Cortés / DP
Desde hai máis de 20 anos a localidade conta cun grupo de persoas voluntarias que velan pola seguridade e o benestar cidadán. Non son a Policía nin tampouco a Garda Civil, son os voluntarios que compoñen a agrupación local de Protección Civil de Marín. O seu labor é esencial en incidentes que necesitan actuación imediata, pero o seu labor é descoñecida para a cidadanía.

De que se encargan? Recollida de animais abandonados, caídas de árbores, accidentes de tráfico, incendios, salvamento marítimo, colaboración coas policías Local e Nacional, co 061 e cos servizos municipais. O 112 avísalles e eles, na medida do posible, debido á escaseza de recursos e de persoal,
actúan. Todo iso realízano dentro da súa dispoñibilidade de tempo, xa que todos teñen o seu traballo e a súa familia, polo que o auxilio social é unha actividade complementaria e altruísta que realizan no seu tempo libre.

Actualmente, Protección Civil de Marín está formado por unha decena de voluntarios e desde a súa oficina central situada na Granxa de Briz, así como desde o teléfono de urxencias operan para toda avila. Para moverse contan cun vello vehículo, que esperan xubilar pronto grazas á concesión
dunha axuda por parte da Administración autonómica.

A agrupación que preside Roberto Agulla pasou por algunha que outra mala racha nas dúas últimas décadas, ata o punto de que os responsables da mesma tiveron que poñer diñeiro do seu propio peto
para pagarse os uniformes, fabricar unha motobomba para dar servizo de apoio aos incendios e mesmo o material de oficina.

A día de hoxe, seguen carecendo de case todo, aínda que recoñecen que aos poucos o Concello de Marín está a axudarlles. «Sempre se requiren medios materiais e persoal, nunca sobran.
Pero tamén é necesaria máis comunicación entre as diferentes administracións: Concello, Xunta, 112... Fai falta unha maior coordinación e entendemento entre todos», asegura Alberto Currás, un dos integrantes que pertence ao corpo de efectivos de Protección Civil. sen ánimo de lucro.

«É necesaria máis
comunicación entre as
administracións. Fai falta
unha maior coordinación e
entendemento»

O pasado mes de setembro a agrupación recibiu, da man da Xunta, un novo vehículo co cal operar de maneira máis rápida e efectiva. Unha pick-up que permitirá trasladar sen problemas de espazo todo o material de emerxencias e seguridade necesario para as súas intervencións.

Como se pode participar? Para inscribirse hai que ser maior de idade e, posteriormente, pasar por un período formativo mediante unha serie de cursos especializados na materia. Os voluntarios quéixanse de que a formación debería ser maior tanto en tempo como en contidos, para que as persoas véxanse capacitadas para, por exemplo, axudar nos labores de extinción dun incendio.

Os membros da agrupación teñen que cumprir as normas que rexen as emerxencias, «ao ser unha asociación e non un servizo municipal, ningún dos integrantes da entidade cobra un euro por levar a cabo este traballo», resalta Roberto Agulla, presidente de Protección Civil Marín.es un traballo pouco recoñecido e valorado, pero, como di un dos voluntarios, José Manuel Míguez, «é voluntario e falo por paixón, coa túa maior dedicación e sen esperar nada a cambio».

0 comentarios:

Publicar un comentario