21/01/17

Unha fiestra ao pasado de Marín

Conservar os bens materiais ou inmateriais da vila, preservar que a súa historia non caia no esquecemento e a recuperación do arquivo fotográfico, cultural e patrimonial; son os obxectivos fundamentais polosque hai uns meses naceu a Asociación Cultural A Fiestra de Marín, grazas a inquietude de varios veciños.
A directiva da Fiestra de Marín no Museo Torres. Foto: N. Cortés / DP
O municipio conta, de agora en diante, cunha xanela ao pasado, na que os marinenses poderán
reencontrarse co Marín máis antigo. Esta ventá xa se atopa aberta e traballa por facer exposicións no Museo Municipal Manuel Torres e actividades nas que volver ao pasado do municipio. No pasado mes de agosto, a entidade expuso a súa primeira mostra, ‘Marín: fotos, debuxos, feitos e curiosidades’ que recopilou imaxes, escritos e outros obxectos que tivan á localidade como protagonista.

«Imos levar a cabo novas exposicións, conferencias e outro tipo de actividades para divulgar o noso
patrimonio. Un patrimonio que se está perdendo e que non pode caer no olvido», destaca o presidente do colectivo, Carlos Martínez Arias. A Fiestra de Marín pretende que todos os veciños regresen aos
tempos nos que vila era chamada popularmente a ‘Venecia do norte’, polo encanto e a beleza dos
seus xardíns, as súas praias e a maxestuosa arquitectura civil na que as casas mariñeiras eran as
protagonistas. Pouco queda daquela vila na que as barcas cruzaban o río Lameira para desembocar na ría. Tan só recordos daqueles tempos.

PARTICIPACIÓN. Os compoñentes da directiva desta asociación animan a que a xente contribúa
con fondos fotográficos e materiais para as futuras exposicións e, quizáis, tamén, para as publicacións
bibliográficas ou dixitais que poida realizar a entidade. A través desta serie de imaxes, que datan do siglo XIX, «os marinenses poderán ver detalles da vila, atoparán curiosidades e mesmo rememorar anécdotas», sinala Queta Molas, unha das responsables
da Fiestra de Marín.

As fotografías conforman un escaparate da vida cotiá dos antepasados marinenses hai un ou dos séculos. «Pensamos que debíamos comezar de forma ordenada no tempo, de ahí a nosa elección de instantes e obxectos que daten de antes do século XX», apunta Martínez Arias. Debido a escasez
de documentos, enseres ou outras singularidades que pertenzan a eses tempos, o colectivo solicita a colaboración veciñal para que, pouco a pouco, se poida facer un gran arquivo sobre Marín. Aínda
que saben que a labor non é facil, pois xa pasaron varias xeracións e polo camiño perdéronse valiosos recordos do pasado marinense.

0 comentarios:

Publicar un comentario