Levar a música á rúa, promocionala ou fomentar a cultura musical, son algúns dos obxectivos de Ensemble Aberto. Un grupo de música de cámara de recente creación que quere dar mobilidade a obras do repertorio camerístico pouco interpretadas en Galicia. É unha agrupación flexible, cunha plantilla modificada segundo as necesidades das obras que interpretan. As colaboracións con outros ámbitos artísticos é unha das vías de actuación no futuro desta banda de música que naceu con fin de medrar e dar a coñecer aos artistas noveis que forman parte dela.
Ensemble Aberto creouse grazas á ilusión e gañas dun grupo de músicos profesionais da comarca do Morrazo e doutros lugares da xeografía galega, xa graduados ou nos últimos niveis das ensinanzas musicais superiores. As inquedanzas destes intérpretes fan posible este ensemble, que explorará a música de cámara menos coñecida na comunidade autónoma. Os seus integrantes teñen un papel ambivalente no panorama musical da nosa zona, pois a maioría deles concilian a súa labor como compoñentes de bandas de música populares galegas con postos en diversas institucións como son a Neue Philarmonie München, a Orquesta Gaos, a Orquesta 430, a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, a Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias, a Bruckner Akademie Orchester, a Real Filharmonía de Galicia, a Orchestre de l´Haute École des Arts du Rhin, entre outras.
O seu propósito é achegar un repertorio de música diferente e así fomentar a educación musical e amalgamala con outros ámbitos artísticos e culturais, como son a poesía, a arquitectura, a fotografía, a danza, a gastronomía ou a historia. Na súa maioría os seus integrantes interpretan instrumentos de vento ou corda.
A banda ten realizado concertos en Pontevedra e Vigo, en emprazamentos únicos e facendo a música de cámara accesible a todo tipo de público. O pasado verán tamén estiveron actuando polos diferentes concellos da comarca, entre eles en Marín, onde compartiron escenario co recoñecido oboísta ruso Sergey Lysenko. "A experiencia en Marín foi espectacular, tratáronnos xenial, gustaríanos repetir pronto porque o público e o Concello volcouse moito con nós", aseguran os compoñentes. Este ano queren continuar co proxecto pero para iso precisarán seleccionar as obras que tocarán na súa xira en función da cantidade de intérpretes que se apunten a esta aventura musical. "Somos unha formación aberta a novos integrantes e a diferentes expresións artísticas", recoñece David Llano, o director do grupo.
DIFICULTADES. Saben que o camiño non é fácil, pois tiveron moitas trabas administrativas e poucas facilidades para poder facer recitais en público, algúns mesmo de maneira gratuíta.
![]() |
| Compoñentes de Ensemble Aberto. Foto: DP |

"Pusimos a maior predisposición para desenvolver este proxecto artístico e chegar á cidadanía facendoo na rúa. Queríamos interpretar música que non se programa habitualmente polos requisitos a nivel musical que conlevan. Buscamos sitios como as ruínas de Santo Domingo en Pontevedra pero tivemos bastantes problemas para poder tocar gratuítamente, chegaronnos a tratar como si fosemos perroflautas", denuncian os integrantes de Ensemble Aberto, quenes queren seguir levando a música de cámara máis orixinal polos Concellos de Galicia.

0 comentarios:
Publicar un comentario